A Fundación Celta a través de Celta Academy ofrecerá charlas formativas semanais online do 11 de maio ao 1 de xuño

Debido a esta situación que nos tocou vivir e ante a imposibilidade de volver adestrar nestes momentos, quérese aproveitar este final de tempada para seguir coa formación de toda a rede de adestradores que forman a nosa estrutura a través de clubes convidos coa Fundación Celta. Neste ciclo de charlas formativas virtuais abordaranse diferentes temáticas relacionadas co fútbol basee, sendo o calendario como se detalla a continuación:

Luns 11 de maio 17:00h

Adrián Abalo Cerezo, Departamento de metodoloxía e adestrador Infantil ‘A’ RC Celta

‘IMPORTANCIA DA ESTRUTURACIÓN E PLANIFICACIÓN DO ADESTRAMENTO’

Luns

Luns 18 de maio 17:00h

Juan Recondo Estévez, Adestrador Alevín ‘A’ RC Celta

‘PLANIFICACIÓN DUN MICROCICLO DE ALEVÍN A’

Luns 25 de maio 17:00h

Jorge Cuesta Bello, Adestrador Xuvenil ‘A’ División de Honra RC Celta

‘MICROCICLO DE ADESTRAMENTO XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA’

Luns 1 de xuño 17:00h

Carlos Arosa Jar, Departamento de metodoloxía e preparador físico Xuvenil ‘A’

‘PAUTAS PARA A VOLTA AO TRABALLO TRAS O CONFINAMENTO’

 

Con estas iniciativas a Fundación Celta procura seguir mantendo o seu compromiso co Fútbol basee a través da formación a pesar das condicións de incerteza.