Celtismo

‘A Nosa Reconquista’ segue o domingo: ante a Real, invitacións e prezos reducidos

RC Celta

MERCA AS TÚAS ENTRADAS ONLINE (desde o 02/04)

XESTIONA A TÚA INVITACIÓN ONLINE (abonados. Desde o 03/04)

Nova batalla de ‘A Nosa Reconquista’, outro encontro de vital importancia nunha recta final de tempada cargada de intensidade. O RC Celta recibe o domingo á Real Sociedad (18.30 horas) cos ecos do último triunfo aínda soando no estadio de ABANCA Balaídos. Para que non se dilúan, para que o celtismo, clave na anterior vitoria, volva arroupar ao equipo, o club lanzará diversas iniciativas esta semana. A primeira delas, manter os prezos da remontada ante o Villarreal e facilitarlle de novo a cada abonado unha invitación para a súa mesma bancada.

Desde este martes ás 10.00 horas, cada abonado do club poderá retirar nas billeteiras do estadio unha invitación gratuíta para a súa mesma bancada (imprescindible presentar carné de abonado). E poranse ademais á venda entradas cun prezo reducido, desde 10 euros. Os abonados que non poidan desprazarse aos despachos de billetes poderán retirar a súa invitación online desde o mércores ás 10.00 horas na seguinte ligazón: ticketsabonados.rccelta.es

Nos próximos días o club anunciará novas iniciativas para este crucial choque ante a Real Sociedad.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas