A SS Lazio, rival do RC Celta no XXIV Memorial Quinocho

O RC Celta xa coñece a un dos seus rivais da nova pretemporada, que por segundo ano consecutivo realizarase en terras galegas. A SS Lazio, vixente campioa da Copa de Italia, visitará o estadio Abanca Balaídos o vindeiro sábado 10 de agosto para disputar a XXIV edición do Trofeo Memorial Quinocho.

Esta emotiva data para todo o celtismo, na que se homenaxea ao eterno ex xogador e empregado do RC Celta Joaquín Fernández “Quinocho”, será a posta de longo do primeiro equipo celeste antes do inicio do campionato de LaLiga.