tenda-twitter.png
Novas club

A tenda oficial do RC Celta en ABANCA Balaídos reabre as súas portas

RC Celta

A tenda oficial do RC Celta no estadio ABANCA Balaídos volve á actividade desde este mércores 20 de maio. O establecemento celeste reabre as súas portas con todas as medidas de seguridade e mantendo os horarios habituais: luns a venres de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e sábados de 10:00 a 14:00.

Por outra banda, a tenda do club celeste en A Sede (Rúa do Príncipe) modifica o seu horario para abrir agora de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 de luns a venres, mentres que os sábados farao de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30.

Todos os clientes que desexen acceder ao interior das tendas deberán portar máscara e luvas. Nas entradas haberá xel desinfectante e luvas e para previr calquera risco o servizo de probador estará pechado e só poderase abonar a compra con cartón de crédito.

Ademais, desde o 11 de maio, a actividade tamén regresou ao Café A Sede – O Trigal, aberto de luns a sábado en horario de 09:00 a 21:00, e a Clínica RC Celta, que atende a pacientes con cita previa (886.160.955 ou clinica.rccelta.es).

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas