precios-entradas-celta-vigo-real-madrid-liga-abanca-balaidos-2019-2020.jpg
Celtismo

Á venda este venres as entradas para o RC Celta – Real Madrid

RC Celta

Este venres 9 de agosto a partir das 13.00 horas saen á venda de maneira online en tickets.rccelta.es as entradas para o encontro da primeira xornada de LaLiga ante o Real Madrid que se disputará o sábado 17 de agosto a partir das 17.00 horas. Ademais, desde o día 12 de agosto tamén se poderán adquirir nas billeteiras do estadio Abanca Balaídos en horario de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. As localidades para a bancada de Río Baixo só estarán dispoñibles nas billeteiras. Os prezos para presenciar o partido oscilan entre os 70 e 110 euros en categoría adulto e 50 e 80 euros en categoría Sub-25.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas