Hemeroteca club

A Xunta de accionistas aproba sen votos en contra as contas e o orzamento

RC Celta

asamblea 2012

Respaldo total dos accionistas celestes á xestión do club

 

A Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Celta aprobou hoxe, co respaldo do 99,79 por cento, as contas anuais e o informe de xestión do consello de Administración da entidade do exercicio pechado a 31 de xuño de 2012. A xunta deu ademais o visto e prace ao orzamento da presente tempada, que rolda os 36 millóns de euros e prevé uns beneficios netos de 6,5 millóns, co voto do 99,82 por cento dos accionistas. En ningún dos dous puntos rexistráronse votos en contra.

Na xunta de accionistas, na que estiveron representadas un total de 126.632 accións, tamén se aprobou a ratificación da creación da páxina web da Sociedade e a modificación do artigo 15 dos Estatutos Sociais no relativo á forma da convocatoria da Xunta Xeral.

En primeiro lugar, a directora financeira do club presentou as contas do exercicio pechado a 30 de xuño e o orzamento da tempada 2012/2013. A continuación, o director deportivo, Miguel Torrecilla explicou en profundidade a organigrama e a situación deportiva da tempada correspondente. Por último, tivo lugar a habitual quenda de rogos e preguntas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas