Hemeroteca club

ABANCA, Celta e Deportivo únense para promover a cordialidade e o respecto no derbi galego

RC Celta

imposiblesenti1617.jpg

 

ABANCA acaba de pór en marcha xunto ao Real Club Celta e ao Real Club Deportivo unha nova edición da iniciativa “Imposible sen ti”. Unha proposta para promover a cordialidade e o respecto entre as afeccións que chega xusto antes da disputa do derbi galego o próximo 23 de outubro no estadio de Balaídos.

 

O eixo central da campaña é un anuncio que foi presentado esta mañá na sede institucional do banco en Vigo e contou coa presenza do director de Rede Comercial de ABANCA, Gabriel González Eiroa; os adestradores do Celta e do Depor, Eduardo Berizzo e Gaizka Garitano e os xogadores do Celta e do Deportivo, Sergio Álvarez e Celso Borges. Cun marcado carácter sentimental e apelando a situacións cotiás galegas, a peza audiovisual mostra a importancia de gozar do encontro con respecto e deportividade.

 

A colaboración da entidade financeira cos dous equipos galegos que militan na máxima categoría da liga nesta iniciativa ampliarase tamén ao partido de volta no campo de Riazor.

 

Con esta acción, ABANCA segue reforzando o seu compromiso co mundo do deporte en Galicia, xa que ademais de ser un dos principais patrocinadores dos dous clubs, colabora activamente con outros conxuntos de elite de diversas disciplinas deportivas. De maneira adicional, desde hai dous anos traballa conxuntamente coa Fundación Deporte Galego nun programa de apoio económico que chega por centos de formacións e miles de deportistas.

Unha historia familiar

O anuncio, creado un ano máis por Tex45 Producións, relata a historia de Roque (Roque Blanco) e do seu pai Anxo (Toño Casais) que ten que marchar a traballar ao mar na noite do derbi,. Os dous despídense no porto cunha sentida conversación sobre a importancia dalgunhas decisións. Xa á noite falan nun vídeo-chamada durante o descanso do partido e comentan as xogadas máis polémicas. O anuncio avanza e deixa clara unha evidencia: sen un deles dous e da súa paixón, o derbi só será un partido de fútbol.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas