Celtismo

Alicia Barreiro, a abonada número 1 do Celta

RC Celta

alicia_abonada_1.jpg

 

Por primeira vez na súa historia, o RC Celta conta cunha muller como abonada número 1. Alicia Barreiro, de 85 anos, é abonada do club vigués desde 1939 aínda que “xa ía ao fútbol con 3 e 4 anos”, como ela mesma explica no vídeo que Celta Media realizou coa veterana celtista no marco da Campaña de Abonados 2017/18.

 

Alicia narra coa súa propia voz e a través de recordos e anécdotas unha vida de cor celeste, a súa, na que o Celta e o deporte foron pezas fundamentais. “A miña maior ilusión é ver a un Celta campión”, confesa Alicia neste emotivo vídeo de visionado obrigado para calquera afeccionado celtista.

 

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas