Hemeroteca club

Ante o Real Madrid, gran homenaxe ás “Letras Galegas”

RC Celta

letrasgalegas2017.JPG

 

17 de maio, unha das grandes datas do calendario galego. Este mércores é o “Día das Letras Galegas”, unha celebración que desde 1963 homenaxea a unha figura relevante da literatura en galego e que este ano está dedicada ao escritor ourensán Carlos Casares.

 

Coincide esta festividade coa disputa do partido aprazado ante o Real Madrid, en Balaídos, encontro que o RC Celta aproveitará para render o seu particular tributo á literatura galega. Os xogadores celestes lucirán nas mangas das súas camisetas un parche conmemorativo do “Día das Letras Galegas 2017”, deseñado especialmente para a ocasión. Ademais, o once inicial saltará ao campo cunhas camisetas nas que cada xogador homenaxeará a un autor, pezas ornamentadas coa bandeira de Galicia e o nome do escritor ou escritora coa tipografía de Castelao.

 

A celebración das “Letras Galegas” en Balaídos redondearase a través da megafonía. Á hora de anunciar a aliñación, o ‘speaker’ acompañará o nome de cada xogador participante no encontro coa mención a un autor ou autora galegos. Finalmente, e tras soar o himno do RC Celta, os futbolistas saltarán ao campo co Himno de Galicia.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas