Ao filial escápaselle a vitoria no desconto (2-1)

Ao filial non lle acompañou a sorte na súa visita a Langreo e cultivou unha derrota (2-1) debido a dous goles do conxunto asturiano no tempo de desconto. Os de Onésimo foron os claros dominadores do encontro e adiantáronse no marcador grazas a un sensacional gol de Yeboah. Cando o partido superaba o tempo regulamentario dous goles case seguido sentenciaron ao RC Celta B.