Osasuna.jpg
Primeiro Equipo

Ao RC Celta escápaselle o empate no desconto (2-1)

RC Celta

O RC Celta perdeu no campo de Osasuna (2-1) nun igualado encontro no que os celestes se adiantaron no marcador e viron como se lles escapaba o empate no tempo de desconto.

O partido púxose de cara nos primeiros minutos cun gol de Santi Mina tras unha triangulación entre Rafinha e Aspas. Con todo, pouco despois chegaría o empate por medio de Enric Gallego, que cabeceou un bo centro desde a banda esquerda.

Na segunda metade o RC Celta tentou porse de novo en vantaxe e súas foron as mellores ocasións. Co paso dos minutos, os xogadores celestes fixéronse co control do balón e tentaron ir a por o tres puntos, aínda que finalmente foi Osasuna que anotou un gol no desconto.

FICHA TÉCNICA

2 – Osasuna: Herrera; Roncaglia (Vidal, min 66), David García, Aridane, Estupiñán; Roberto Torres (Moncayola, min 83), Oier, Brasanac (Kike, min 83), Íñigo Pérez; Gallego, Adrián (Arnaiz, min 66)

1 – RC Celta: Iván Villar, Hugo Mallo, Aidoo, Sáenz (Nolito, min 46), Araujo, Olaza (Brais, min 84), Okay, Fran Beltrán (Bradaric, min 66), Rafinha (Kevin min 66), Iago Aspas, Santi Mina (Juan Hernández, min 70)

Goles: 0-1 Santi Mina, min 10; 1-1 Gallego, min 23; 2-1 Arnaiz, min 91;

Árbitro: Valentín Pizarro Gómez (Castela a Mancha). Amoestou a Aridane, García (Osasuna) e a Sáenz, Rafinha (RC Celta)

Campo: El Sadar

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas