precios-levante-ud.jpg
Celtismo

Balaídos despide a tempada con entradas desde 5€ e 10€

RC Celta


As entradas para o partido de Liga ante o Levante UD (sábado 19, 13:00), último da tempada, xa están á venda tanto nos despachos de billetes do estadio como en www.rccelta.es/taquillaCelta

O club estableceu para este encontro uns prezos que parten desde os 5€ en Gol e Marcador para afeccionados Sub-25 e chegan ata os 35€ para Adultos na bancada de Tribuna.

Os despachos de billetes abren de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, mentres que o día de partido fano desde as 10 ata o inicio do encontro. As entradas de categoría Adulto tamén poden adquirirse a través da web www.rccelta.es/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas