Balaídos encherase ante o Manchester United: entradas esgotadas

bufandeo260417.jpg

 

Balaídos asegúrase o mellor dos ambientes celtistas para o histórico partido de Europa League ante o Manchester United (xoves 4, 21:05). Os despachos de billetes do estadio colgaron este xoves o cartel de ‘esgotado’ para todas as bancadas, incluída Fondo.

 

O club lembra aos abonados con ‘Abono Básico’ (Liga+Copa) que as súas butacas permanecerán bloqueadas ata este sábado 29 de marzo incluído, último día para que adquiran a súa entrada.

Leave a Reply

15 + fourteen =