Hemeroteca club

Balaídos renderá unha emotiva homenaxe ás nais do celtismo

RC Celta

naidaafoutezaok.JPG

 

Con motivo do próximo Día da Nai, o RC Celta e a súa afección homenaxearán ás nais este domingo na previa do partido ante o Athletic. Se habitualmente os xogadores saltan ao céspede de Balaídos acompañados por nenos, nesta ocasión sairán da man de abonadas e de nais de futbolistas e empregados do club. Ademais, o equipo vestirá unha camiseta especial coa lema #NaiDaAfouteza antes do partido.

 

Será un momento cheo de emoción, merecedor da maior ovación de Balaídos, que servirá para recoñecer a importancia non só da figura materna, senón da muller na nosa sociedade en calquera ámbito e circunstancia.

 

A tenda do RC Celta en Balaídos tamén se suma á celebración do Día da Nai con descontos do 30% en toda a roupa oficial da tempada 16/17. Ademais, as compras superiores a 50 euros levarán de agasallo unha pulseira conmemorativa de deseño exclusivo.

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas