Hemeroteca celtismo

Balaídos vivirá unha gran noite europea: esgotadas as entradas para o RC Celta-Genk

RC Celta

bufandeo27317.jpg

O estadio de Balaídos vivirá un ambiente extraordinario no apaixonante partido de ida dos cuartos de final da Europa League entre RC Celta e o KRC Genk, que se disputará o xoves 13 de abril ás 21.05 horas. Esta tarde esgotáronse as entradas para este histórico choque europeo só unha semana despois da súa saída á venda en taquilla.

 

Dado o enorme interese que espertou este partido, o club estuda a posibilidade de manter a oferta de asentos para o encontro coa apertura da grada de Fondo, en cuxo caso  comunicarase nos próximos días.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas