bandera-aficion-balaidos-celta.jpg
Celtismo

Bancada de Animación: 500 interesados e tres días restantes para elexir a súa ubicación definitiva

RC Celta

Esta semana abriuse o prazo para apuntarse á nova Bancada de Animación e elixir entre dúas opcións para a súa localización: Río Lateral ou Marcador Baixo, unha bancada supletoria que se construiría fronte a Fondo, a poucos metros do campo.

A falta de tres días para pecharse a votación, a web www.animacion.rccelta.es rexistrou 471 afeccionados interesados, quen se dividiron practicamente a partes iguais entre as dúas posibles localizacións da bancada.

Neste momento, e se se ten en conta aos afeccionados que a tempada pasada formaron parte da Bancada 1923, o aforamento de 1.200 butacas da nova Bancada de Animación tería unha ocupación aproximada do 40% en ambos os casos.

O club anima a todos os celtistas interesados en formar parte da Bancada de Animación a que se rexistren canto antes na web www.animacion.rccelta.es, xa que o vindeiro luns 25 de xuño porase punto e final á votación e anunciarase a localización definitiva da bancada.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas