Barcelona-Celta: convocatoria

Juan Carlos Unzué convocou a 18 xogadores para o partido da xornada 14 de LaLiga ante o FC Barcelona (sábado, 13:00, Camp Nou), entre eles ao xogador do filial Brais Méndez.

A listaxe completa fórmana Sergio, Rubén, Hugo Mallo, Roncaglia, Sergi Gómez, Fontàs, Cabral, Radoja, Lobotka, Pablo Hernández, Jozabed, Brais Méndez, Wass, Sisto, Iago Aspas, Guidetti, Emre Mor e Maxi Gómez.

Jonny é baixa por sanción. Iván Villar e Hjulsager non entran na listaxe.