Primeiro Equipo

Brais Méndez recolle o trofeo Xogador Estrella Galicia ao mellor de abril

RC Celta





O canteirán Brais Méndez recibiu este mércores o trofeo Xogador Estrela Galicia que lle acredita como o mellor futbolista celeste do mes de abril. «É un orgullo e unha satisfacción polo traballo feito durante todo o ano, que foi recompensado», expresou o mozo xogador ao recoller o galardón.

A pesar de ter ficha co Celta B, o de Mos gañouse con suor integrarse no primeiro equipo e gozar de minutos en Primeira División, especialmente nun último tramo da tempada no que deu motivos para ilusionarse co seu futuro. «Sendo un mozo do filial que tivo a sorte de subir ao primeiro para axudar, me reconforta recibir este premio. Grazas a todos. A próxima tempada, máis e mellor», prognosticou Brais.

Con este trofeo, correspondente ao mes de abril, péchase unha tempada de premios Xogador Estrela Galicia. Agora só falta por coñecer o propietario do galardón ao mellor futbolista do RC Celta na campaña 2017/18.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas