Hemeroteca celtismo

Bufandas especiales, confeti, ‘chiscadela’ aos xogadores… nun Balaídos cheo para un partido único

RC Celta

bufandasemifinal.jpg

Balaídos vivirá este xoves un ambiente extraordinario, con todas as entradas vendidas para este histórico partido de ida de semifinais da Europa League ante o Manchester United. O RC Celta porá ademais en marcha para este encontro único diversas iniciativas no estadio co obxectivo de xerar unha atmosfera acorde coa importancia do choque.

 

O club repartirá nas portas de acceso do estadio, de maneira gratuíta e ata final de existencias, miles de bufandas conmemorativas da eliminatoria cos escudos e nomes dos dous equipos en liza.

 

Haberá ademais diversos canóns de confeti situados nos fondos, que se activarán no momento no que os xogadores accedan ao terreo de xogo creando un efecto espectacular.

 

Na parte superior da bancada de Tribuna colocaranse unhas grandes lonas dedicados a cada un dos xogadores que conduciron ao equipo a esta histórica semifinal.

 

Por outra banda, a sede central de Abanca loce tamén unha macro lona e paneis en todas as súas oficinas coa lema “This is Afouteza”. Eses mesmos paneis poden verse tamén en diversas instalacións deportivas municipais, hoteis, hospitais…

 

Ademais, varios centros de ensino da cidade vivirán unha xornada especial estas semifinais. O club promoveu un “xoves celeste” para que os nenos acudan a clase con pezas desa cor e os colexios luzan tamén unha decoración con motivos celestes.

 

O club insta os afeccionados a que acudan con tempo ao estadio non só polos controis de seguridade propios dun partido de alto risco, senón tamén para poder participar nestas iniciativas e arroupar ao equipo o máximo posible.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas