Audiovisual

Carlos Mouriño destacou o papel da afección no seu repaso á actualidade celeste

RC Celta

O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, reuniuse este venres cos medios de comunicación no Salón Rexio da Sede para repasar a actualidade celeste. O mandatario céltico analizou a tempada recentemente concluída, tanto no aspecto deportivo, como económico e comercial, subliñando o importante papel que tivo a afección nesta campaña: “Confiamos na afección, á cal teño que estar moi agradecido. É a que nos contaxia para facelo mellor. Díxonos que o fixemos mal e aínda así apoiou ao equipo con todas as súas forzas».

Tempada 2018/19

“Teño que pedir perdón por esta tempada. Criamos que fixeramos un bo equipo. Non funcionou por moitas razóns e algunhas as temos claras e identificadas. Se queren buscar culpables, o culpable son eu”.

“O Celta é un do oito equipos que levan en Primeira desde 2012 e con menos orzamento. Tamén hai que valorar a estabilidade que conseguimos”.

“Quero dicir que estes altibaixos os imos a ter. Esperemos que sexan os mínimos, pero non nos podemos enganar”.

Estadio Abanca Balaídos

“Coa obra de Río Baixo pérdense 600 butacas. Descoñecemos que se quere facer no estadio nin cando”.

“As obras do Concello na bancada de Marcador, obrigarán a recolocar a 4.510 abonados nalgún momento entre os asentos que queden dispoñibles no resto de bancadas”.

“Solicitamos unha auditoría externa para valorar a situación do estadio. Nos próximos días teremos os resultados. Como sabedes, non estamos satisfeitos con como se está xestionando a remodelación.

Mercado: renovacións e fichaxes

“Buscamos dous centrais, tres puntas e un mediocentro”.

“O contrato de Escribá é dun ano máis outro por consecución de obxectivos. O RC Celta non tivo contactos en ningún momento con outro adestrador ou representante de adestrador. O mesmo día do último partido, propúxoselle continuar”.

“Sergio é un referente para o club. Estariamos encantados de que seguise unha tempada máis, pero se ten unha boa oferta e interésalle, faremos o mellor para el”.

“Cabral é un caso similar a Sergio. Se quere irse porque ten cousas mellores, estaremos contentos. Tamén depende de se o adestrador vai contar con el”.

“Se Boca Juniors recupera agora a Lucas Olaza, nun ano nós poderiamos seguir comprándoo. Podemos exercer a opción de compra agora ou nun ano”.

“Sentámonos con Maxi Gómez e o seu irmán. Fixémoslle unha proposta de ampliación de contrato, pero non a vían. Seguimos tendo unha oferta de Inglaterra polo xogador, pero non recibimos ningunha do FC Barcelona, como se dixo en prensa”.

Campaña de abonados

“A campaña de abonados darase a coñecer a próxima semana. Sempre a facemos pensando no abonado, aínda que é difícil compracer a todos”.

Pretempada

«Iníciase o 8 de xullo, tras facer os exames médicos. Logo, posiblemente, volveremos á Toxa. Xogaranse 6 partidos de pretemporada, dúas en Alemaña ou Inglaterra. O Memorial Quinocho será o 10 de agosto”.

Outros temas

“Cremos que o equipo podería estar a adestrar na nova cidade deportiva o próximo mes de xaneiro”.

“Seguimos na mesma situación co equipo feminino. Mentres non teñamos campos, é imposible. Estamos a buscar solucións, pero na situación actual, sen instalacións, é complicado”.

“A miña filla regresa a Vigo por circunstancias persoais da miña familia, pero en absoluto vén para ter un cargo no RC Celta. Sabedes que se un día fóseme, o meu primeiro candidato sería Antonio Chaves”.

RC Celta

Etiquetas

Audiovisual Celta media Celta media Celta media Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas