Hemeroteca club

Carlos Mouriño presenta o “Proxecto Celta” á cidadanía no Auditorio Mar de Vigo

RC Celta

proxectoceltaGL081216.jpg

O vindeiro xoves 15 de decembro o Auditorio Mar de Vigo acollerá unha charla coloquio moi especial do presidente do RC Celta Carlos Mouriño moderada polo actor e humorista galego Carlos Blanco quen tamén realizará unha actuación exclusiva. Este evento estará aberto á participación activa dos asistentes e tratará de dar a coñecer de maneira amena e distendida o proxecto de futuro do club celeste.

O acto terá lugar ás 20:00 e contará con aforamento limitado. Para asistir ao evento é necesario recoller as invitacións, un máximo de dous por persoa, que estarán dispoñibles a partir do domingo 11 nos despachos de billetes de Balaídos e a partir do luns 12 na sede de Praza de España.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas