O presidente do RC Celta, Carlos Mouriño, protagonizará o vindeiro venres 7 de abril ás 13:00 horas un encontro dixital cos vigueses e celtistas a través de Celta Media e as redes sociais do club.
Mouriño comezará o encontro, que se poderá seguir en directo na canle de YouTube e a páxina de Facebook do club, cunha exposición sobre a situación deportiva e unha reflexión sobre o futuro do RC Celta. A continuación contestará ás preguntas de vigueses e afeccionados sobre estos asuntos que cheguen tanto a través de Twitter co hashtag #OFuturoDoCelta como das conversacións de Facebook e YouTube.
ACTUALIZACIÓN: tamén podes facer chegar as túas preguntas ao presidente escribindo a [email protected]