CD Peña Azagresa – RC Celta: convocatoria

O adestrador do primeiro equipo, Óscar García, convocou a dezanove xogadores para o partido da Copa de SM o Rei na que o RC Celta visita ao CD Peña Azagresa (xoves, 19.00 horas, La Planilla).

A listaxe completa fórmana: Hugo Mallo, Costas, Juan Hernández, Fran Beltrán, Iago Aspas, Sisto, Rubén Blanco, Sáenz, Aidoo, G. Gernández, Kevin, Santi Mina, Brais Méndez, Pape Cheikh, Fran Vieites, Bermejo, Sergio Carreira, Iago Domínguez e Iker Losada.

Sergio Álvarez, Iván Villar, Juncà, Denis Suárez e Beauvue son baixa por lesión. Araujo, Okay, Rafinha, Lobotka, Olaza non entran na listaxe.