Hemeroteca canteira

Celta Brasov enfrontarase ao Dinamo de Bucarest na copa de Romanía sub19

RC Celta

Celta_Brasov.jpg

A escola do RC Celta na cidade romanesa de Brasov avanza con paso firme no seu crecemento. A pasada semana o equipo sub19 da escola celeste avanzou aos oitavos de final da copa de Romanía e mañá enfrontarase ao histórico club Dinamo de Bucarest. O club romanés é ademais un referente no país, pois conta cunha das mellores canteiras e realiza un interesante traballo na formación de futbolistas.

O partido de mañá supón o primeiro gran reto para os mozos da escola desde a súa fundación a principios desta tempada e referenda o traballo realizado durante estes meses polos técnicos da Fundación Celta de Vigo.

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas