DpzNpwbXgAERjRQ.jpg
Celtismo

Comunicado do RC Celta

RC Celta

O RC Celta afronta o sábado un partido clave, e extremadamente complicado, ante o Eibar. O equipo necesita unha vitoria para rexurdir, para adquirir confianza e superar calquera tipo de debilidade que puido xurdir nas últimas semanas. Para iso, para sumar ese triunfo revitalizador e balsámico, é vital a unión, o esforzo sostido do equipo e a afección durante os 90 minutos.

Ninguén está exento de cometer erros, o club, os futbolistas, o corpo técnico, pero é tarefa de todos, cada un desde a súa posición, minimizalos, corrixilos e seguir mellorando. Os xogadores necesitan apoio nos momentos delicados, forza nos de debilidade, confianza nos de dúbida.

Ninguén debe poñer en cuestión que o ben do RC Celta, a súa estabilidade e crecemento, é un obxectivo que comparten todos os celtistas. Aínda que algunhas veces o camiño tórcese e xurdan desavenencias e discusións, a mirada debe permanecer fixa nese obxectivo, o ben común. Haberá momentos para discutir, para analizar e reflexionar, pero sempre alleos aos 90 minutos do partido, no que os xogadores, os nosos xogadores, buscan unha vitoria que realmente é de todos.

Este sábado o equipo pelexará para lograr un triunfo necesario. Que o consiga é positivo para todos.

Ala Celta!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas