Comunicado do RC Celta

O RC Celta quere aclarar que, como fixo sempre, está á espera das decisións das autoridades competentes sobre a presenza de público nos estadios, algo que aínda non se produciu e por tanto non dispón de autorización algunha por parte de ningunha institución para permitir o acceso de abonados e afeccionados en ningún dos partidos que restan por disputarse no Estadio Abanca Balaídos.

O club actuará coa máxima responsabilidade e sempre de acordo coas directrices dos organismos competentes nesta materia.