mathias-jensen-alaves-celta-mendizorroza-liga-2018-2019.jpg
Primeiro Equipo

Comunicado RC Celta Mathias Jensen

RC Celta

O xogador do RC Celta, Mathías Jensen, desmente totalmente as informacións publicadas hoxe no tabloide danés BT sobre a súa estancia no equipo celeste. O centrocampista danés nega realizar as declaracións que sinala o citado medio durante a concentración coa selección Sub-21 de Dinamarca. O xogador, molesto e preocupado con esta información, foi quen se puxo en contacto co club para desmentila.

“Foi unha primeira tempada axitada e non como eu esperaba tanto polas miñas lesións, os cambios de adestrador como o estar na parte inferior da liga, pero non teño nada malo que dicir sobre o RC Celta. Eles creron en min e acolléronme a pesar de que estaba lesionado e arriscáronse moito. Déronme a oportunidade da miña vida e fixeron realidade o meu soño de xogar en LaLiga. A xente que me coñece e a xente no club saben que nunca diría nada malo sobre eles. O RC Celta está cheo de boas persoas que me coidaron desde o día en que cheguei. Estamos nunha situación difícil, pero estou seguro de que podemos darlle a volta e, como sempre, farei o mellor que poida” Mathias Jensen.

Desde o RC Celta queremos mostrar o noso total apoio a Mathias Jensen.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas