Primeiro Equipo

COPA | O Celta certifica o seu pase a cuartos cunha nova vitoria ante o Valencia (2-1)

RC Celta

rossi-celvcf-120117.JPG

O Celta certificou o seu pase aos cuartos de final da Copa do Rei cunha vitoria por 2-1 en Balaídos. Na ida, en Mestalla, os galegos asinaron un contundente 1-4 que puxo a eliminatoria moi costa arriba á Valencia. Rossi marcou para o Celta e Vinicius para os valencianos. Este venres coñecerase ao próximo rival copeiro.

 

Partido de trámite para o Celta. Os de Berizzo chegaban ao partido decisivo dos oitavos de final de Copa ante a Valencia coa tranquilidade de quen cultivou un 1-4 na ida. Xogadores e técnico remarcaron durante toda a semana que a eliminatoria non estaba pechada e que o conxunto ché era un grande que podía sorprender, pero o certo é que o choque transcorreu sen apenas sobresaltos.

 

O Celta controlou un primeiro tempo sen apenas ocasións. A mellor tívoa Rossi tras unha contra conducida á perfección por Sisto, pero o remate de italiano foi directamente ao porteiro. Tras o descanso o guión parecía manterse: un Celta que controlaba o xogo pero que non resolvía con acerto en ataque. Pero apareceu Rossi. O dianteiro recolleu o balón na frontal da área, acomodouno e sacouse da manga un remate cruzado que puxo o 1-0 no marcador.

 

Pouco durou a vantaxe celeste. Apenas tres minutos despois da diana viguesa, a Valencia aproveitou un erro da defensa céltica para empatar o partido. Gol de Vinicius. De aí ao final regresou a calma. Os visitantes non reaccionaron e o Celta levou a batuta até o asubío final, con Sisto e Rossi especialmente activos e quen aproveitaron a súa titularidade para exhibir a calidade que atesouran. Precisamente foi o futbolista danés quen puxo o definitivo 2-1 no marcador, xa co tempo regulamentario cumprido, nun lanzamento de falta directo perfecto. O Celta está en cuartos de Copa e este venres coñecerá ao seu seguinte rival copeiro.

FICHA TÉCNICA

2-CELTA: Sergio, Roncaglia, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Radoja (Marcelo Díaz, min.63), Pablo Hernández (Wass, min.80), Señé, Lemos (Pape, min.77), Sisto, Rossi.

1-VALENCIA: Doménech, Cancelo, Jiménez (Santos, min.70), Mangala, Lato, Medrán, Fede Cartabia, Soler (Parejo, min.46), Rafa Mir (Gayá, min.65), Baixali, Vinicius.

Goles: Rossi, min.60, 1-0; Vinicius, min.63, 1-1; Sisto, min.90+, 2-1.

Árbitro: Hernández Hernández, do comité de Las Palmas. Amonestou a Mangala (Valencia).

Campo: Balaídos (10.055 espectadores).

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas