Primeiro Equipo

COPA | Un Celta épico elimina ao Real Madrid nunha noite para o recordo

RC Celta

copa250117.jpg

 

Noite para o recordo. Balaídos vibrou cun partido épico, con opcións para os dous equipos e cun Celta entregado a matar para conseguir algo épico: eliminar ao Real Madrid e plantarse por segunda tempada consecutiva nas semifinais de Copa do Rei.

 

O Real Madrid saíu a por todas, sabedor de que necesitaba reconducir a eliminatoria canto antes tras a derrota sufrida no Bernabéu. O equipo adestrado por Zidane foi un vendaval desde o asubío inicial ante un Celta atenazado que non conseguía xogar o balón como acostuma.

 

A seriedade do equipo en defensa e un formidable Sergio na portaría celeste evitaron que os de Madrid puxésense por diante no marcador. A mellor ocasión dos visitantes tívoa Ronaldo nun cabezazo que o gardameta de Catoira despexou ao traveseiro. No rexeite rematou de novo Ronaldo e o balón golpeou contra o poste.

 

O Celta liberouse da presión e no últimos dez minutos do primeiro tempo soltouse en ataque, deixando na retina de Balaídos varias xogadas de ilusión e un puñado de boas ocasións. Aspas e Guidetti tiveron as máis claras? e o gol naceu das botas do sueco ao fío do descanso. O dianteiro nórdico rematou só na área e Casa despexou, pero a fortuna tinguiuse de celeste. O balón topou con Danilo e acabou no fondo da rede branca. Gol en propia porta.

 

Na continuación o Celta se replegó mentres o Real Madrid tentaba exceder a fortaleza galega. Moi sólido en defensa, o cadro celeste anulaba calquera arremetida do rival. Finalmente chegou o gol madrileño, a balón parado, nunha falta directa executada por Ronaldo. Apoiado no empuxe da súa afección, o Celta fíxose forte e tirou de coraxe para resistir ante un gran opoñente.

 

Balaídos veu abaixo co gol de Wass no minuto 84, co que parecía que o Celta sentenciaba a eliminatoria, pero o Lucas Vázquez marcou pouco despois e puxo os nervios do celtismo a flor de pel. Os de Berizzo resistiron e até puideron marcar unha última vez á contra. O Celta segue soñando, tamén na Copa do Rei. Este venres coñeceremos ao rival de semifinais. Noite para o recordo.

 

FICHA TÉCNICA

2 (4)-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Marcelo Díaz, Radoja, Wass (Sergi Gómez, min.87), Iago Aspas (Fontàs, min.93), Bongonda, Guidetti (Jozabed, min.83).

 

2 (3)-R.MADRID: Casilla, Danilo, Casemiro (Mariano, min.88), Ramos, Nacho, Isco (Morata, min.79), Kroos, Kovacic, Asensio (Lucas Vázquez, min.75), Cristiano, Benzema.

 

Goles: Danilo en propia porta, min.43, 1-0; Ronaldo, min.62, 1-1; Wass, min. 84; Lucas Vázquez, min.89.

 

Árbitro: Sánchez Martínez, do comité murciano. Amonestou a Hugo Mallo, Wass, Jonny (Celta); Danilo (Real Madrid).

 

Campo: Balaídos.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas