David de Dios finaliza a súa etapa no RC Celta

O adestrador do Cadete A, David de Dios, finaliza a súa etapa no RC Celta. O técnico celeste acumula máis dunha década nos banquillos das categorías inferiores do club, onde conseguiu numerosos títulos de liga. De Dios dirixiu ao filial na tempada 2013/14. O club quere agradecerlle toda a súa entrega e profesionalidade durante a súa etapa como adestrador do RC Celta e deséxalle moito éxito na súa próxima etapa profesional.