david-mi.jpg
A Canteira

David Vilán e Miguel Rodríguez, convocados coa Sub-16

RC Celta

Gran alegría no RC Celta e a Fundación pola convocatoria dos canteiráns Miguel Rodríguez e David Vilán coa Selección Española Sub-16. Os dous xogadores cadetes disputarán co combinado nacional un dobre partido ante a selección austriaca os próximos 4 e 6 de xuño.

Ambos futbolistas xa foron citados pola Sub-16 en anteriores ocasións ao longo da presente tempada e a súa convocatoria recompensa o esforzo e o traballo que Fundación e club realizan desde hai anos na formación de xogadores na Madroa.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira A Canteira A Canteira Novas canteira Novas canteira Novas canteira

Noticias recomendadas