desafio-abanca-creatividad-web.jpg
Novas club

Denis Suárez e Brais Méndez participarán nun torneo solidario da FIFA20 organizado por ABANCA

RC Celta

Os xogadores Brais Méndez e Denis Suárez participarán o próximo fin de semana nun torneo benéfico do videoxogo FIFA20 organizado por ABANCA. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) abriu en ABANCA a conta ES23 2080 0388 2231 1000 3170 para recibir as doazóns das persoas que queiran colaborar con esta causa solidaria e que lles serán entregadas ao finalizar o torneo. As doazóns deben facerse a través de transferencias a esta conta.

Ademais dos dous xogadores celestes, no torneo virtual participarán futbolistas do RC Deportivo e CD Lugo así como personaxes coñecidos da cultura. O torneo disputarase desde o venres 17 até o domingo 19 entre as 19.30 e as 20.30 horas e todos os encontros poderán seguirse a través da web habilitada desafio.abanca.com, a TVG2 y Facebook Live.

RC Celta

Etiquetas

Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas