Deporte e diversión a distancia para os cativos das escolas Fundación Celta


A actividade non para nas escolas de fútbol da Fundación Celta. Os responsables desta actividade deseñaron un completo e divertido plan a distancia para que estes pequenos celtistas manteñan a actividade física durante o confinamento, aprendan hábitos saudables e axudarlles a entreterse.