Hemeroteca canteira

Derrota do Celta B no campo do Caudal

RC Celta

lista_caudal_celta_b_22314.jpg

Os vigueses non estiveron acertados e caeron con claridade por tres goles a cero

 

O Celta B saíu a por o tres puntos no campo do Caudal Deportivo, pero as imprecisións condenaron aos celestes. O conxunto asturiano adiantouse no primeiro tempo tras unha mala saída de Rubén Blanco e sentenciou o encontro con dúas dianas na segunda parte. Os canteiráns célticos non tiveron fortuna no ataque e finalmente víronse superados polo rival.

 

O filial saltou ao céspede de Mieres con determinación e seguridade. Nada máis arrincar o encontro Thaylor a punto estivo de aproveitar unha saída en falso do porteiro do Caudal, pero o seu disparo, case sen ángulo, rozou o traveseiro e marchouse fóra. A sorte non sorriu ao conxunto de De Dios, que no minuto 13 viu como o cadro local adiantábase no marcador por un fallo no despexe do gardameta céltico. Rojas anotou cunha vaselina.

 

Os vigueses non baixaron os brazos. Rubén Blanco recompúxose e realizou un par de grandes paradas. Na parcela ofensiva tentábano Borja Domínguez e Iglesias, pero sen acerto. Tras a continuación o Caudal Deportivo tomou o control do partido. Outro paradón de Rubén nada máis arrincar o segundo tempo foi o primeiro aviso dos asturianos, que en dous achegamentos, un no minuto 64 e outro no 81, sentenciaron o choque con dianas de Abraham e Jorge.

 

FICHA TÉCNICA

 

3-CAUDAL: Javi Díaz, Lulu, Noel, Pantiga, Samuel, Jano, Javi Sánchez (Richard, min.67), Matador, Rojas (Iago, min.84), Jorge e Abraham (Merchan, min.76)

 

0-RC CELTA: Rubén, Kevin (Borja Fernández, min.56), Pablo Crespo, Soto, Maceira, Goldar, Antón, Borja Domínguez, Marcos Torres (Yelko Pino, min.67), Thaylor (Aitor, min.56) e Borja Iglesias

 

Goles: Rojas, min.13 (1-0); Abraham, min.64 (2-0)

 

Árbitro: González Esteban, do comité vasco

 

Campo: Estadio Hermanos Antuña (Mieres)

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas