escudo_grande.jpg
Hemeroteca canteira

Derrota do filial ante un Oviedo superior no seu feudo

RC Celta

escudo_grande.jpg

 

Os celestes, que finalizaron o partido con dous xogadores menos, perderon por 5-1

 

Dura derrota do Celta B ante un Real Oviedo que se mostrou firme e superior no seu feudo, o Carlos Tartiere. Os asturianos anotaron catro tantos ante un filial celeste que acabou o encontro con dous xogadores menos sobre o céspede. Borja Iglesias marcou o gol vigués.

 

O Real Oviedo saíu a por todas ante a súa afección. Tras uns primeiros minutos de equilibrio entre ambos os conxuntos os locais tomaron a iniciativa. Aos seis minutos de xogo Rubén luciuse ante un disparo de Sergio García para evitar o primeiro tanto rival. O Oviedo roldaba a área pero non xeraba excesivo perigo. O filial facía traballar á zaga asturiana en dúas xogadas consecutivas a balón parado.

 

Precisamente así foi como chegou o 1-0. No minuto 27 Susaeta executou de maneira maxistral unha falta directa ante a que Rubén Blanco non puido facer nada. O cadro olívico tentábao á contra sen éxito. No minuto 38 chegou outro xerro de auga fría. Susaeta anotou de novo, esta vez cun disparo desde fóra da área que tras botar fixo un estraño para acabar no fondo da rede.

 

Tras a continuación o Oviedo mantivo a súa superioridade. No minuto 62 Señé anotou de cabeza o terceiro tanto ovetense e dous minutos despois o filial quedou cun xogador menos ao ver Goldar o segundo cartón amarelo. O infortunio celeste non quedaría aí. Pouco despois Antón derrubou a Annunziata na área e o colexiado sinalou penalti e outra expulsión. Susaeta non fallou a pena máxima.

 

Pouco despois do 4-0 chegaría o único tanto céltico. Borja Iglesias aproveitou unha das poucas ocasiones do filial para anotar cun bo disparo. O partido pechouse coa quinta diana do Oviedo, obra de Sergio Díaz.

 

Contundente derrota que deixa ao Celta B a cinco puntos do posto de playoff pola permanencia. A próxima xornada o filial descansa e a continuación afrontará tres finais, a primeira delas no campo do Burgos.

 

FICHA TÉCNICA

 

5-R.Oviedo: Pol, Álvaro, Sergio Díaz, Pardo, David Fernández (Rubio, 72’), Erice (Salva Rivas, 68’), Susaeta (Lucas, 72’), Héctor Simón, Señé, Sergio García e Annunziata

 

1-Celta B: Rubén, Kevin, Soto, Goldar, Maceira, Goldar, Borja Domínguez, Antón, Marcos Torres (Aitor, 60’), Yelko (Pablo Crespo, 72’), Fernán (Thaylor, 60’) e Borja Iglesias

 

Goles: Susaeta, min.28 (1-0); Susaeta, min.39 (2-0); Señé, min.63 (3-0); Susaeta, min.70 (4-0, de penalti); Borja Iglesias, min.71 (4-1); Sergio Díaz, min.91 (5-1)

 

Árbitro: expulsou con dobre amarela a Goldar (64’) e con vermella directa a Antón (69’). Amonestou a Hector Simón e Sergio Díaz

 

Campo: Carlos Tartiere, 7.126 espectadores

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira Hemeroteca canteira

Noticias recomendadas