foto-2.jpg
Hemeroteca fundación gl

Ecoembes e Fundación Celta unen as súas forzas para fomentar a reciclaxe de envases en Abanca Balaídos e A Madroa

RC Celta

A Fundación Celta, sempre implicada con causas sociais, ten desde hoxe unha nova misión, o medioambiente.

En estreita colaboración con Ecoembalajes España ( ECOEMBES), a Fundación Celta promove unha interesante campaña de concienciación e divulgación en materia de reciclaxe e educación ambiental de amplo calado.

No obxecto deste acordo, haberá dúas vertentes; por unha banda, buscarase obter a maior cantidade posible de residuos recolleitos. Por outra banda, preténdese concienciar a todas as persoas vinculadas ao celtismo da importancia da recollida selectiva de residuos.

En canto á recollida de residuos, realizarase mediante a colocación de papeleiras e contedores de reciclaxe de envases lixeiros e papel e cartón nas instalacións do Estadio Abanca Balaídos e na cidade deportiva da Madroa. Nos estadios e cidades deportivas consómese gran cantidade de plásticos e papel de modo que, con esta iniciativa, todos estes residuos a partir de agora serán reciclados. Cada afeccionado poderá observar a partir de agora como se implantaron papeleiras e contedores de Ecoembes por todas as nosas instalacións, de modo que vos convidamos e animamos a participar nesta bonita causa.

No que respecta á concienciación, o outro alicerce do acordo asinado, a Fundación pretende ensinar aos nosos mozos que conforman os diferentes equipos das categorías inferiores a importancia de coller bos hábitos desde a mocidade, coidar o medioambiente e separar os residuos para que se poidan reciclar posteriormente.Os nosos mozos recollen todo o material (botellas de auga, sobre todo) utilizado durante os adestramentos e deposítano nos contedores respectivos, do mesmo xeito que nos vestiarios, onde se cambian.

A parte de todo isto, levarán a cabo máis accións xunto con Ecoembes, onde seguiremos dando a importancia necesaria á educación ambiental aproveitando accións que realicen o Club e a Fundación para seguir reciclando e coidando o medioambiente.

 

 

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca fundación gl Novas fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas fundación Novas fundación

Noticias recomendadas