cartel-concurso-de-postais-2018web-1.jpg
Actividades gl

En marcha o concurso de postais de Nadal da Fundación Celta e El Corte Inglés

RC Celta

Desde hoxe xa é posible participar no tradicional concurso de postais de Nadal que organiza a Fundación Celta de Vigo en colaboración co Corte Inglés de Vigo. Este ano, ademais, prepáranse interesantes novidades pensadas para atraer aos máis pequenos.

A temática do concurso de postais será o RC Celta e constará como cada ano con tres categorías segundo as idades: de 5 a 7 anos, de 8 a 11 anos e de 12 a 14 anos. Todos eles recibirán premios especiais e o gañador absoluto formará parte da felicitación do Nadal oficial do RC Celta. Ademais haberá 3 premios para os colexios con maior participación, e un premio especial para a postal máis orixinal que se converterá na postal oficial de Nadal do Real Club Celta. Tamén haberá premios para os centros educativos máis participativos.

Unha das principais novidades que se introducen este ano é que os participantes terán que realizar un segundo debuxo no que deberán representar un agasallo que lle farían a un amigo. De entre todos estes debuxos seleccionaranse 20 artigos que serán doados polo Corte Inglés e entregados por un xogador do RC Celta a unha entidade benéfica.

A recepción dos traballos será no servizo de atención ao cliente do Corte Inglés de Vigo a partir de hoxe e finalizará o 10 de decembro. A entrega de premios faráse en decembro no Corte Inglés de Vigo.

 

RC Celta

Etiquetas

Actividades gl Actividades gl Actividades gl Fundación Hemeroteca fundación gl Novas fundación Fundación Fundación Hemeroteca fundación gl Hemeroteca fundación gl Novas fundación Novas fundación Obra social gl Obra social gl Obra social gl

Noticias recomendadas