wass-daniel-espanyol-celta-2018.jpg
Celtismo

Entradas dende 10€ e 20€ para recibir ao Espanyol

RC Celta


Nova xornada de fútbol en Balaídos. Ante o RCD Espanyol (domingo 11, 18:30) os de Unzué buscarán volver á senda do triunfo tras o tropezo en Mendizorroza, unha derrota que cortou un refacho sobresaliente de resultados. O apoio da bancada será clave para sumar tres puntos que permitan aos vigueses seguir pugnando polas prazas europeas.

Os prezos das entradas para o choque ante o cadro perico oscilan entre 10 e 30 euros para SUB-25 e entre 20 e 50 para ADULTO. Os despachos de billetes do estadio abren de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas e os días de partido desde as 10 ata o inicio do partido sen interrupción. As entradas tamén poden adquirirse en www.rccelta.es/taquillaCelta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas