malaga-lobotka-liga-rosaleda-celta-vigo-2017-2018.jpg
Celtismo

Entradas dende 10€ e 20€ para recibir ao Málaga CF

RC Celta

O RC Celta mídese este domingo ao Málaga CF en Balaídos (18:30 horas), un choque no que os celestes o darán todo para lograr unha vitoria que lles permita seguir na carreira polos postos europeos. O club anima a todos os abonados e afeccionados a acudir a este apaixonante partido para o que se estableceron uns prezos de entradas desde 20€ para categoría ‘Adulto’ e de 10€ para ‘Sub-25’.

Os despachos de billetes de Balaídos abren de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e o día de partido desde as 10:00 ata o inicio do partido. As entradas tamén poden adquirirse na web www.rccelta.es/taquillaCelta

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas