Entradas desde 10 euros para os transcendentais partidos ante Leganés e Villarreal

O RC Celta afronta no próximo mes dous partidos transcendentais en ABANCA Balaídos onde o apoio da afección será clave para que o seis puntos queden en casa. O seu alento e empuxe será esencial para poder escalar postos na clasificación e por iso o club pon á venda a prezos reducidos as entradas para cada un dos encontros, que estarán dispoñibles desde 10 euros.

As localidades estarán á venda nas billeteiras do estadio de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas e os días de partido, desde as 10:00 até o inicio do encontro.