Entradas desde 10€ e 20€ para recibir ao Getafe

O RC Celta recibe ao Getafe CF o vindeiro luns 1 de outubro ás 21:00 horas no estadio ABANCA Balaídos. O club estableceu para este encontro uns prezos de entradas que oscilan entre os 10 e os 20 euros para os afeccionados Sub-25 e entre os 20 e os 40 euros para a categoría Adulto.

Os billetes poden adquirirse nos despachos de billetes do estadio de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas, o día do partido desde as 10:00 até o inicio do encontro, ou a través da web tickets.rccelta.es