a-nosa-reconquista-autobus-aficion-celta-2018-2019.jpg
Celtismo

Esgotadas as entradas visitantes para o encontro ante o Real Madrid

RC Celta

O RC Celta non estará só no Santiago Bernabéu. A afección celeste volveu a demostrar a súa fe no equipo e nun só día esgotou todas as localidades dispoñibles para o encontro do próximo domingo ante o Real Madrid.

O club pon a disposición de todos aqueles abonados que o desexen a posibilidade de realizar a viaxe en autobús sen custo algún. Os autocares partirán cara a Madrid desde o estadio celeste o domingo a partir das 8.00 horas e regresarán ao mesmo punto unha vez finalizado o partido.

Vantaxes e iniciativas para os abonados

O RC Celta puxo en marcha nas últimas semanas numerosas iniciativas e vantaxes dirixidas aos seus abonados para fomentar a indispensable unión entre equipo e afección, desde invitacións e bufandas para nenos no partido ante Osasuna, entradas a 5 euros para os abonados para calquera bancada no encontro contra o Eibar, onde ademais incentivouse o recibimento ao equipo cunha previa na Bancada Siaeiros con alimentos e bebida gratuítos, até habilitar sen custo para os abonados autobuses a Valencia con entradas a prezo reducido ou a máis recente de proporcionar dúas invitacións a cada abonado para o choque deste domingo ante o Sevilla.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas