Hemeroteca club

Estrella Galicia, novo patrocinador principal do RC Celta

RC Celta

estrella00170816.jpg

 

O RC Celta lucirá esta tempada novo patrocinador na súa camiseta: Estrela Galicia será o patrocinador principal do club celeste durante os dous próximos anos.

 

A cervecería da empresa galega en Vigo, situada na Praza de Compostela, albergou este mércores o acto no que Antonio Rosendo, conselleiro céltico, e José Cabanas, director de mercadotecnia de Estrela Galicia, deron o anuncio oficial que estreita aínda máis a colaboración entre ambas as entidades.

 

O logotipo de Estrela Galicia 0,0 non só aparecerá nas camisetas do primeiro equipo en todas as competicións que dispute, senón tamén nas dos equipos das categorías inferiores celestes.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca club

Noticias recomendadas