Hemeroteca celtismo

Evento Vodafone no descanso do RC Celta-Real Madrid

RC Celta

A compañía de telefonía lanzará 1.100 camisetas ás gradas no descanso do partido

 

A compañía de telefonía Vodafone, patrocinador do Real Club Celta, realizará unha orixinal acción no intermedio do partido RC Celta-Real Madrid (mañá, 19:00 horas).

 

No descanso do encontro varios canóns lanzarán 1.100 camisetas ás bancadas do estadio, das cales 5 estarán premiadas coa posibilidade de ser asinadas por algún xogador do club celeste unha vez finalizado o partido.

 

A través da megafonía e videomarcadores de Balaídos informarase os pasos que deberán seguir os afeccionados que resulten agraciados coas camisetas premiadas.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas