Primeiro Equipo

Fedor Smolov na súa presentación oficial: “Darei o mellor de min”

RC Celta

“Estou moi feliz e orgulloso de estar aquí”. Con estas palabras, Fedor Smolov presentouse ante os medios de comunicación este martes no Salón Rexio da Sede. O internacional ruso sinalou a liga española como “a mellor do mundo” e revelou que “de pequeno seguía ao Celta por Mostovoi e Karpin”.

Smolov estivo acompañado na súa posta de longo como xogador celeste polo vicepresidente Pedro Posada e o director deportivo Felipe Miñambres. O futbolista ruso encomiou “a calidade deste equipo” e asegurou que a cifra goleadora desta tempada “non é un reflexo de realidade”. O novo nove céltico tamén tivo boas palabras para Iago Aspas, “unha estrela e un xogador moi intelixente”, con quen está a desexar compartir minutos sobre o terreo de xogo.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Novas primeiro equipo Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas