Fran Beltrán estréase como goleador: «Voume con sabor agridoce»

O centrocampista celeste Fran Beltrán estreouse como goleador celeste ante o Athletic Club ao anotar o seu primeiro tanto en Primeira División. A diana do novo futbolista chegou a balón parado, nun saque de esquina botado polo capitán Hugo Mallo que Maxi Gómez peiteou ao segundo pau, onde agardaba Beltrán para empuxala ao fondo da rede. O seu primeiro gol coa camiseta céltica non foi suficiente para puntuar ante o conxunto vasco. «Sempre lembrarei este día, pero voume con sabor agridoce», declarou na zona mixta tras a derrota.