Hemeroteca celtismo

Gañadores do concurso “O Derbi do Pai”

RC Celta

concurso_balón_web.jpg

 

Xa se coñecen aos dous gañadores de “O Día do Pai”, sorteo que o RC Celta organizou na tenda oficial e Twitter con motivo da celebración do derbi galego o 19 de Marzo, Día do Pai.

 

Antía García Otero resultou gañadora de dúas camisetas oficiais (unha de adulto e outra de neno), premio que se sorteaba entre todos os afeccionados que realizaron compras superiores a 70€ na tenda de Balaídos entre o 9 e o 18 de Marzo. Na rede social Twitter, o club sorteou un balón asinado polos xogadores do primeiro equipo entre todos os seguidores que compartiron a imaxe promocional. Juan José Besada (@besada7) é o gañador deste premio.

 

O Celta felicita a estes dous afortunados celtistas, aos que contactará proximamente para informarlles sobre como recoller os seus agasallos.

RC Celta

Etiquetas

Hemeroteca celtismo

Noticias recomendadas