Giuseppe Rossi, MVP da xornada 29

rossiespaldas.jpg

Giuseppe Rossi foi o gran protagonista do triunfo celeste ante a UD Las Palmas ao asinar un triplete nos 66 minutos que estivo sobre o terreo de xogo. O italiano, que protagoniza as portadas do día, foi elixido por LaLiga Fantasy, xogo oficial de LaLiga, como o futbolista máis valioso da xornada 29 (MVP).

 

O dianteiro forma parte do once ideal xunto a Diego Alves, Garay, Nacho, Filipe Luís, Babin, Roberto Soriano, Isco, Koke, Luís Suárez e Pablo Alcácer.

Leave a Reply

four × 2 =