Primeiro Equipo

Golpe de autoridade dun gran Celta en Villarreal (1-2)

RC Celta

orellana-vilcel-1516

 

O Celta sumou un triunfo de gran valor e significado. Os célticos, invictos, realizaron de novo un partido espléndido para superar de maneira máis que merecida ao Vilarreal. Orellana adiantou aos celestes na primeira parte, Denis, co seu equipo en inferioridade, empatou na única chegada local e Nolito logrou o tanto da vitoria nos últimos instantes de partido.

 

Primeira metade de gran intensidade e disputa, sen dominador claro, con alternancia na posesión e un gran ritmo. Non houbo demasiadas ocasións e si moita presión e rigor táctico… ata que o Celta decidiu acelerar.

 

O Celta, sempre concentrado e fiel ao seu estilo, mellorou as súas prestacións no cuarto de hora final, con maior velocidade e precisión na zona de ataque. E aos 40 minutos, tras unha boa xogada ofensiva, Orellana recibiu na frontal e rematou, cunha gran rosca, para anotar o primeiro gol do partido. Golazo do chileno.

 

E no último minuto da primeira metade, outra gran combinación e disparo impresionante de Nolito que acabou na madeira. Gran ocasión para practicamente sentenciar o choque. O peor, o exceso de amarelas para os célticos nunha primeira metade exquisita na que a entrada máis dura, terrible, foi de Bailly a Pablo Hernández.

 

Tras o descanso, no primeiro minuto Bailly viu a segunda amarela tras despexar o coiro coa man para evitar unha internada de Pablo Hernández. Os celestes acapararon a posesión, con combinacións larguísimas. Aos 13 minutos, gran xogada de Nolito, pase cara a Orellana e remate errado de Iago en boca de gol.

 

Os celestes dominaban de maneira abafadora, pero perdoaran xa dúas ocasións moi claras para sentenciar. E empatou o Vilarreal na súa única chegada aos 21 minutos. Con fortuna porque o remate de Denis rebotó nun xogador e despistou a Sergio. Primeira chegada e empate.

 

O Celta seguiu dominando con absoluta claridade ante un rival que non acababa de crerse o empate que lograra e aferrábase ás novas perspectivas que lla habían verto de maneira máis que afortunada. Os celestes tentárono até o final, e recibiron o merecido premio ao seu dominio e insistencia no último minuto. Gran remate de Orellana á escuadra e rexeite para Nolito, que anotou con precisión. Os vigueses asaltaron o feudo do equipo que comezou líder a xornada. Golpe de autoridade dos célticos

 

FICHA TÉCNICA

1-Villarreal: Areola, Mario, Bailly, Ruiz, Costa, Pina, Trigueros, Samu (Denis Suárez, min.50), Nahuel (Rukavina, min.50), Baptistao (Bakambu, min.59) e Soldado

 

2-RC Celta: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Sergi Gómez, Jonny, Augusto, Wass (Radoja, min.85), Pablo Hernández (Bongonda, min.73), Orellana, Nolito e Iago Aspas (Guidetti, min.80)

 

Goles: 0-1, min.41; Orellana; 1-1, min.66: Denis; 1-2, min.89: Nolito

 

Árbitro: González González, do comité castellano leonés. Expulsou con dobre amarela a Bailly (min.648) e amonesotu a Augusto, Sergi Gómez, Wass, Soldado

 

Campo: El Madrigal

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Hemeroteca primer equipo gl Primeiro Equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas