aficion-celta-bandera-abanca-balaidos.jpg
Celtismo

Gran éxito de “Isto vai de corazón”: a familia celeste crece para arroupar ao RC Celta nunha ilusionante tempada

RC Celta

A ilusión que xerou o proxecto para a tempada 2019/2020, con dez canteiráns no primeiro equipo e varias incorporacións de gran nivel, propiciou un notable incremento da familia celeste nunha nova campaña de abonados con condicións vantaxosas tanto para as renovacións como para as altas. A día de hoxe, o RC Celta ten xa 800 abonados máis que a pasada campaña.

Son máis de 1.800 os afeccionados que reservaron asento e comezaron a formalizar as altas, cifra sensiblemente superior á rexistrada nos últimos anos, mentres que o número de renovacións foi tamén máis elevado que en campañas anteriores, o que suporá que a masa social celeste creza para a campaña que comeza en apenas dúas semanas. Máis do 90% dos socios da pasada tempada tramitaron a súa renovación no primeiro prazo e aínda se están xestionando carnés.

RC Celta e afección sempre camiñan da man. Nos malos e nos bos momentos, o celtismo acompañou e empuxou ao equipo, unha unión irrompible que se ha ir forxando co paso dos anos. Esta tempada o club realizou un importante esforzo para que A Madroa sexa protagonista no primeiro equipo, onde xa hai dez xogadores formados nas categorías inferiores.

A afección celeste, fiel, animosa e condecorada hai escasos meses como a mellor de todo o país, empapouse da ilusión que xera o RC Celta e respondeu con contundencia na campaña de abonados.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club O Club Novas club Novas club O Club O Club

Noticias recomendadas